Economía de Antiga e Barbuda
O Turismo domina a economía de Antiga e Barbuda, producindo case 60% do PIB e 40% dos investimentos[1]. A diminución de turistas dende o ano 2000 obrigou ó goberno a transformar o país nun paraíso fiscal. A produción agrícola está centrada no ámbito doméstico e limitada pola reducida subministración de auga e unha redución da man de obra debido ós mellores salarios nos sectores de turismo e construción.
Economía de Antiga e Barbuda | |
---|---|
Moeda | Dólar do Caribe Oriental |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, Caricom |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 1 495 millóns (2011) |
Posición do PIB | 196ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | -5,5% (2011) |
PIB per cápita | $ 17.100 (2011) |
PIB por sector | agricultura 2,1%, industria 19,7%, comercio e servizos 78,2% (2011) |
Inflación | 3,3% (2011) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 30.000 (1991) |
Forza de traballo por sector | agricultura 7%, industria 11%, comercio e servizos 82% (1983) |
Desemprego | 11% (2011) |
Industrias | turismo, construción civil, manufacturas leves (roupas, alcohol, obxectos domésticos) |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 43,45 millóns (2011) |
Produtos de exportación | derivados de petróleo, roupas de cama, artesanía, compoñentes electrónicos, equipamentos de transporte, alimentos, animais vivos |
Principais mercados | España 34%, Alemaña 20,7%, Italia 7,7%, Singapur 5,8%, Reino Unido 4,9% (2005) |
Importacións | 427 millóns (2011) |
Principais produtos importados | alimentos e animais vivos, máquinas e equipamentos de transporte, manufacturas, produtos químicos, petróleo |
Principais mercados | Estados Unidos 21,1%, China 16,4%, Alemaña 13,3%, Singapur 12,7%, España 6,5% (2005) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 359,8 mil millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
É importante tamén a produción agrícola de cana de azucre, algodón e froitas; así como o refinado de petróleo e as manufacturas téxtiles, de carpintería e de produción de ron. Produce algo de cervexa, roupas, cemento, artesanías locais e mobiliario.
A moeda oficial é o Dólar do Caribe Oriental (East Caribean Dollar), cunha paridade fixa de 2,7:1 co dólar americano desde o ano 1976[1]. O produto bruto interno foi de 18.100 dólares per capita en 2009[1], ano dunha retracción de 6,5% do PIB. A taxa de inflación anual é moi baixa (1,5% en 2007)[1].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ac.html
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).