Economía da Arxentina

A economía da Arxentina benefíciase de enormes recursos naturais, unha poboación bastante alfabetizada, un sector orientado á exportación agrícola e unha base industrial diversificada. Con todo, os seus resultados económicos foron moi desiguais ao longo da historia. A principios do século XX era un dos países con mellores perspectivas do mundo, pero ao longo dos anos atravesou diversas adversidades e crises que influíron negativamente na economía do país. Na actualidade, a República Arxentina é considerada como unha das principais economías emerxentes e unha das economías de maior crecemento económico do mundo.[3] Á súa vez, pola súa dimensión económica, forma parte do G-20 (grupo dos 20 países industrializados e emerxentes).

Economía de Arxentina
Moeda peso arxentino
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercosur, UNASUR
Datos estatísticos[1]
PIB 755,3 mil millóns (2012)
Posición do PIB 23ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 1,9% (2012)
PIB per cápita 18 400 (2012)
PIB por sector agricultura 10,3%, industria 30,6%, comercio e servizos 59,1% (2012)
Inflación 25% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 17.070.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 5%, industria 23%, comercio e servizos 72% (2009)
Desemprego 7,2% (2012)
Industrias procesamento de alimentos, vehículos a motor, bens de consumo durables, téxtiles, produtos químicos e petroquímicos, impresión, metalurxia, aceiro
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 85,36 mil millóns (2012)
Produtos de exportación soia e derivados, petróleo e gás, vehículos, millo, trigo
Principais mercados Brasil 21.8%, República Popular da China 7.4%, Chile 5.6%, Estados Unidos 5.5% (2011)
Importacións 67,33 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas, vehículos a motor, petróleo e gas natural, produtos químicos orgánicos, plásticos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 141,1 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Vista do barrio de Puerto Madero, en Buenos Aires.

A chatura pampeana é apta para o cultivo de cereais e oleaxinosas, así como tamén para a gandería. A Patagonia é rica en hidrocarburos (gas e petróleo), como así tamén a plataforma continental arxentina, base do mar arxentino, rico en especies como pescada, salmón etc.

Na precordilleira atópanse xacementos minerais de distinta variedade, como uranio, prata etc.

Notas editar

  1. "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2007. Consultado o 23 de xuño de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2013. Consultado o 23 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar