Ecografía Doppler
A ecografía Doppler, ou simplemente eco-Doppler, é unha variación da ecografía convencional baseada nunha combinación da tecnoloxía de ultrasóns coma no aproveitamento do efecto Doppler.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fc/Usgcolordoppler3.jpg/200px-Usgcolordoppler3.jpg)
Esta técnica emprégase especialmente para observar os vasos sanguíneos, xa que polo xeral son inaccesíbeis por visión directa. A técnica permite observar se o fluxo de sangue se dirixe cara á sonda ou se se afasta dela, así coma a velocidade de dito fluxo.