Ayame 2

(Redirección desde «ECS 2»)

Ayame 2, tamén coñecido como ECS 2 (Experimental Communication Satellite 2) foi un satélite de comunicacións construído por Mitsubishi Electric para a axencia espacial xaponesa NASDA e lanzado o 22 de febreiro de 1980 mediante un foguete N-1 desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][4]

Ayame 2 / ECS 2
TipoComunicacións / experimental.
OrganizaciónNASDA
Contratistas principaisMitsubishi Electric
Satélite deTerra
Data de lanzamento22 de febreiro de 1980, 8:35 GMT[1][2][3]
Foguete portadorN-1[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2]
Obxectivo da misiónExperimentos de comunicación e propagación.[2][4]
NSSDC ID1980-018A
Masa260,0 kg[2][4][5]
DimensiónsCilindro de 1,9 m de alto e 1,4 m de diámetro.[5]
Datos orbitais
Semieixo maior29.033 km[1]
Inclinación8,0 graos[1]
Apoapse35.532,3 km[1]
Periapse9791,8 km[1]

Características editar

A misión de Ayame 2, ao igual que o do seu predecesor Ayame 1 consistía en facer experimentos de comunicacións e de propagación desde órbita. Tiña forma de cilindro de 1,9 m de altura e 1,4 m de diámetro e estabilizábase mediante xiro. Dun dos extremos sobresaían catro antenas para VHF, mentres que do outro dúas antenas de prato, cun mecanismo para non rotar co resto do satélite, usaríans para comunicacións en banda C e banda K.[2][4][5]

Ayame 2 correu o mesmo destino que Ayame 1, e de acender o seu motor de apoxeo para chegar á órbita final, o satélite deixou de transmitir.[2][4][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "AYAME 2 (ECS-2)" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (4 de novembro de 2011). "Ayame 2" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  3. Claude Lafleur (2010). "ECS 2 / Ayame 2" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ECS a, b (Ayame 1, 2)" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2018). "Ayame" (en inglés). Consultado o 23 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar