Dummy
Dummy foi o álbum debut no ano 1994, da banda de trip hop Portishead, considerado clave dentro deste estilo musical, xunto con outras bandas como Massive Attack ou Tricky. Este novo xénero musical coñeceríase tamén como Bristol sound, debido a que a maior influencia partía de grupos e selos discográficos de Bristol.
Dummy | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Portishead | ||||
Publicado | 22 de agosto de 1994 | |||
Duración | 49:24 45:29 Edición en Reino Unido | |||
Xénero(s) | trip hop | |||
Selo(s) | Go! Beat | |||
Produtor | Portishead | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
A banda Portishead estaba formada pola cantante Beth Gibbons e os músicos Geoff Barrow, Adrian Utley e Dave McDonald.
Considerado polos críticos como un clásico, e como un dos discos máis influentes dos anos 1990, Dummy tiña un estilo máis escuro[1] que o que facía o resto de bandas de tri hop. Apareceron dous singles, Sour Times e Glory Box.
En 1995 gañou o Mercury Music Prize, premio concedido anualmente ao mellor disco británico ou irlandés. En 1998, os lectores da revista Q elixiron a Dummy como o décimo sexto mellor álbum da historia. Na lista de Rolling Stone dos 500 mellores álbums de toda a historia que apareceu en 2003, o disco quedou no posto 419.
No 2019 o xornal español El Pais recoñeceu 25 anos máis tarde Dummy como un dos LP clave da música da década de 1990[2].
Lista de cancións
editarTódolos temas escritos e compostos por Portishead.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Mysterons" | 5:02 |
2. | "Sour Times" | 4:14 |
3. | "Strangers" | 3:55 |
4. | "It Could Be Sweet" | 4:16 |
5. | "Wandering Star" | 4:51 |
6. | "It's a Fire" (non está no vinilo e nas versións orixinais de Reino Unido e Europa) | 3:48 |
7. | "Numb" | 3:54 |
8. | "Roads" | 5:02 |
9. | "Pedestal" | 3:39 |
10. | "Biscuit" | 5:01 |
11. | "Glory Box" | 5:06 |
Canción extra no Canadá | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
12. | "Sour Sour Times" | 4:01 |
Notas
editar- ↑ Rogers, Jude (2019-08-24). "‘Dummy wasn’t a chillout album. Portishead had more in common with Nirvana’". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2020-01-09.
- ↑ Sancho, Xavi (2019-08-22). "25 años de uno de los discos cumbre de la música pop de los noventa". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-09.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Entrevista con Geoff Barrow (en inglés)
- Dumb, disco remix de Dummy (en inglés)