Drugs.com, ás veces referenciado como drugsdotcom (tal como se pronuncia en lingua inglesa, literalmente fármacos-punto-com) é unha enciclopedia farmacéutica en liña que presenta información sobre medicamentos para usuarios e profesionais da saúde, principalmente nos Estados Unidos.

Drugs.com
Logo
Tiponegocio e páxina web
Data de fundación2001
PaísNova Zelandia
Na rede
https://www.drugs.com
Twitter: drugscom Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A páxina web Drugs.com é propiedade e está xestionada polo Drugsite Trust, un fideicomiso privado administrado por dous farmacéuticos neozelandeses, Karen Ann e Phillip James Thornton. Operando na nube de IBM, Drugs.com proporciona información sobre uns 24.000 medicamentos, foi visitada por 50 millóns de usuarios ao mes en 2021 e ten un tempo de descarga dun segundo.[1]

Foi lanzado oficialmente en setembro de 2001[2] e reúne información de fontes como Cerner Multum, Micromedex de Thomson Reuters, Wolters Kluwer Health, a U.S Food and Drug Administration (FDA), Physicians' Desk Reference, Stedmans, AHFS, Harvard Health Publications, North American Compendiums, PharmaLive ou Healthday.[3]

Notas editar

  1. "Accurate, independent and on demand - Drugs.com". IBM.com; IBM Corporation. outubro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2022. Consultado o 27 de xullo de 2022. 
  2. "Drugs.com". web.archive.org. Archived from the original on 05 de outubro de 2001. Consultado o 2024-03-24. 
  3. "Editorial Policy". Drugs.com (en inglés). Consultado o 2024-03-24. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.