Drepaneidos

(Redirección desde «Drepaneidae»)

Os Drepaneidos (Drepaneidae, Gill 1972) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos pola costa occidental e oriental de África, o océano Índico, sueste asiático e o Pacífico occidental. Son peixes costeiros marítimos, aínda que ás veces penetran nos estuarios.

Drepane punctata

Características editar

Presentan un corpo alto e comprimido lateralmente, subrómbico. Boca pequena e protráctil. Poden ter pequenas barbas baixo a mandíbula.

Unha soa aleta dorsal, cunha primeira parte espiñosa (13 a 14 espiñas) e unha segunda de radios brandos; anal con tres espiñas e cerca de 20 radios brandos; as pectorais son moi longas e de perfil falcado, do que toma o nome científico (en grego, deprane significa "fouce").

Clasificación editar

A familia comprende un só xénero, con tres especies:

  • Xénero Drepane
    • Drepane africana (Osório, 1892)
    • Drepane longimana (Bloch e Schneider, 1801).
    • Drepane punctata (Linnaeus, 1758)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar