Dragon Ball Super

anime baseado no manga de Akira Toriyama

Dragon Ball Super (ドラゴンボール超(スーパー) Doragon Bōru Sūpā?) é un anime baseado no manga de Akira Toriyama. Estreouse o 5 de xullo de 2015 no Xapón, cunha duración de 25 minutos por episodio e con 100 capítulos previstos inicialmente.[1]

Dragon Ball Super
ドラゴンボール超
(Doragon Bōru Sūpā)
Anime Dragon Ball Super
Dirixido por Kimitoshi Chioka
Estudio Toei Animation
Canle televisiva Fuji TV
Primeira emisión 5 de xullo de 2015
Última emisión 25 de marzo de 2018
Núm. de capítulos 131

Historia editar

A historia do anime desenvólvese seis meses despois da derrota de Majin Buu, cando a Terra se converteu unha vez máis nun lugar pacífico, e retrocontinuando cos acontecementos das películas Dragon Ball Z: A batalla dos deuses e Dragon Ball Z: A Resurrección de Freezer, ademais de contar a historia posterior a estes acontecementos.[2][3][4]

Lista de episodios editar

Produción editar

 
Akira Toriyama, creador do manga orixinal de Dragon Ball.

18 anos despois do final de Dragon Ball GT, púxose en fase de produción Dragon Ball Super, unha nova serie de animación que continuará coas aventuras de Son Goku e demais personaxes da franquía. Segundo publica a páxina oficial, Toei Animation anunciou o que sería a nova saga Dragon Ball Super, un novo anime de Dragon Ball que se estreou en xullo do 2015. De acordo á páxina web, trátase dun proxecto orixinal, unha secuela de Dragon Ball Z, de mans de Akira Toriyama, autor da manga de Dragon Ball. O anime emítese cada domingo desde o 5 de xullo de 2015, ás 9 da mañá a través da canle Fuji TV, entre outros.

Despois do último filme de Dragon Ball Z, A resurrección de F, dirixido por Tadayoshi Yamamuro e que se estreou o 18 de abril de 2015 no Xapón, Osamu Nozaki, produtor de Fuji TV, engadiu que: «A medida que lía o guión que xa me pasou Akira Toriyama, os meus soños co proxecto comezaron a expandirse. Un inimigo mesmo máis forte que Buu ou Freezer pode aparecer».[cita requirida]

Akira Toriyama, creador da serie orixinal, participa no guión e deseño dos novos capítulos de Dragon Ball. Kimitoshi Chioka encárgase da dirección, mentres que Naoko Sagawa e Atsushi Kido, xunto a Osamu Nozaki establécense como produtores.[5]

O manga de Dragon Ball Super comezou a publicarse no mes de xuño de 2015 na revista xaponesa V Jump. Akira Toriyama acreditou que se utilizarán os conceptos e historias orixinais.[6]

Kazuya Yoshii encárgase do opening de Dragon Ball Super coa canción Chōzetsu☆Dynamic. Yukinojo Mori, coñecido por escribir a letra das cancións dalgunhas películas de Dragon Ball e da serie Dragon Ball Z Kai, é quen escribiu tamén a letra desta canción, O primeiro ending é Hello, Hello, Hello interpretado polo grupo Good Morning America, mentres que o segundo é Starring Star interpretado polo grupo Keytalk.[7]

O 14 de xuño de 2015, foi lanzado o primeiro teaser, de Dragon Ball Super, onde apareceron personaxes como o Kaiō Shin do leste, Piccoro, Son Gohanda, Señor Satán, Vexeta, Son Goten, Toranks, Son Goku, Bills, Wiss, Champa e Vaos no cal se mostrou que a serie non tería continuidade con Dragon Ball GT.[8]

A serie contará con, polo menos, 100 capítulos. da saga despois da última película[9]

Tadayoshi Yamamuro, director das películas, confirmou unha historia posterior ás películas, que incluirá aos personaxes Champa e Vados.[4][10][11]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar