O dragón xaponés (日本の竜 Nihon no ryū) é unha criatura lendaria da mitoloxía xaponesa. Os mitos dos dragóns xaponeses mesturan lendas nativas con historias de dragóns da China, Corea e a India. O estilo do dragón foi amplamente influído polo dragón chinés. Como moitos outros dragóns asiáticos, os xaponeses son deidades da auga asociados cos fenómenos atmosféricos e corpos de auga. Tipicamente, son representados como longas criaturas con forma de serpe, sen ás e con gadoupas.

Dragón xaponés, por Hokusai.
Avoa do emperador Antoku rescatándoo dun dragón, por Yoshitsuya Ichieisai.
Un dragón ascende cara ao ceo co Monte Fuji de fondo, por Ogata Gekkō (1897).

Nome editar

A lingua xaponesa moderna ten numerosas verbas para "dragón": tatsu, do xaponés antigo ta-tu; ryū ou ryō 竜, que provén do chinés lóng; e nāga ナーガ, do sánscrito nāga.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar