Douglas H. Wheelock

astronauta estadounidense
(Redirección desde «Douglas Wheelock»)

Douglas Harry "Wheels" Wheelock, nado en Binghamton, Nova York, o 5 de maio de 1960, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-120 e Soiuz TMA-19, sendo membro das expedicións 24 e 25 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Douglas H. Wheelock
Datos persoais
Nacemento5 de maio de 1960
LugarBinghamton
Actividade
MisiónsExpedição 24, Expedição 25, STS-120 e Soiuz TMA-19
Tempo no espazo178,40 días
PremiosMedalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e Medalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Wheelock graduouse en ciencia aplicada e enxeñaría pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1983 e é máster en enxeñaría aeroespacial polo Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia en 1992. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1998, participando nas misións STS-120 e Soiuz TMA-19 e sendo membro das expedicións 24 e 25 á Estación Espacial Internacional. Pasou 178,40 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Wheelock, Douglas Harry" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (8 de maio de 2019). "Douglas H. Wheelock (Colonel, U.S. Army, Ret.) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar