Doubt (-ダウト- Dauto?), tamén coñecido como Rabbit Doubt (ラビット·ダウト Rabitto Dauto?), é un manga shōnen de terror escrito e ilustrado por Yoshiki Tonogai. A serie céntrase no xogo de móbil "Rabbit Doubt", cunha regras semellantes ás de Mafia. Os xogadores deben atopar o lobo, ou asasino, entre o grupo de coellos. Seis xogadores deste xogo atópanse atrapados nun edificio cun do grupo xa morto; para evitar o mesmo destino, os restantes cinco deben participar nun xogo "Rabbit Doubt" real e atopar o lobo (mentireiro) que se agocha entre eles.

Doubt
ダウト
(Dauto)
Manga Doubt
Creado por Yoshiki Tonogai
Editor Monthly Shōnen Gangan
Publicado en Square Enix
Primeira edición 27 de decembro de 2007
Última edición 12 de febreiro de 2009
Núm. de volumes 4
Manga Judge
Creado por Yoshiki Tonogai
Editor Monthly Shōnen Gangan
Publicado en Square Enix
Primeira edición 12 de xaneiro de 2010
Última edición 11 de agosto de 2011
Núm. de volumes 6
Manga Secret
Creado por Yoshiki Tonogai
Editor Monthly Shōnen Gangan
Publicado en Square Enix
Primeira edición 12 de outubro de 2013
Última edición 12 de febreiro de 2015
Núm. de volumes 3
Filmes

Judge

O manga foi serializado na revista Monthly Shōnen Gangan de Square Enix o 12 de xullo de 2007 e rematou o 12 de febreiro de 2009. Square Enix tamén estreou o primeiro volume o 22 de decembro de 2007 e lanzou o cuarto e derradeiro volume o 12 de febreiro de 2009. A serie continuou en dúas secuelas, tituladas Judge, dende o 12 de xaneiro de 2010 até o 11 de agosto de 2012, e Secret, dende o 12 de outubro de 2013 até o 12 de febreiro de 2015.