Doubt

filme de 2008 dirixido por John Patrick Shanley

Doubt é un filme estadounidense dirixido por John Patrick Shanley que se estreou no 2008. Baseado na obra Doubt: A Parable, gañadora do Premio Pulitzter e dun Premio Toni na súa adaptación teatral.

Doubt
Ficha técnica
Título orixinalDoubt
DirectorJohn Patrick Shanley
ProdutorScott Rudin
GuiónJohn Patrick Shanley
Baseado enDoubt: A Parable de John Patrick Shanley
IntérpretesMeryl Streep
Philip Seymour Hoffman
Amy Adams
Viola Davis
MúsicaHoward Shore
FotografíaRoger Deakins
MontaxeDylan Tichenor
DistribuidoraMiramax Films
Estrea2008
Duración104 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama, Intriga
Orzamento$20 000 000[1]
Recadación$50 907 234
Na rede
http://www.miramax.com/movie/doubt
IMDB: tt0918927 Filmaffinity: 984549 Allocine: 128175 Rottentomatoes: m/doubt Mojo: doubt Allmovie: v396068 TCM: 684234 Metacritic: movie/doubt TV.com: movies/doubt-2008 Netlix: 70100377Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

En 1964, na parroquia de San Nicolás, no Bronx, un apaixonado e carismático sacerdote, o padre Flynn (Philip Seymour Hoffman) está tratando de cambiar as ríxidas normas do colexio, que durante anos foron coidadosamente salvagardadas pola irmá Aloysius Beauvier (Meryl Streep), unha estrita directora que cre firmemente no poder da disciplina. Ventos de cambio político están varrendo a comunidade, e de feito o colexio aceptou o seu primeiro alumno negro, Donald Miller. Pero cando a irmá James (Amy Adams), inocentemente, lle conta á irmá Aloysius as súas sospeitas de que o padre Flynn presta demasiada atención a Donald, a superiora, sen contar cunha soa proba, comeza unha cruzada persoal para sacar á luz a verdade e expulsar a Flynn do colexio por abusar do alumno. Esta batalla ameaza con desgarrala comunidade de xeito irreversible.

Personaxes editar

Galardóns e nomeamentos editar

  • 2008: Oscar: Nomeada a mellor actriz, secundario, secundaria e guión adaptado.
  • 2008: Globos de Ouro. Nomeada a mellor actor, actriz, actriz secundaria e guión.
  • 2008: 3 Nomeamento Premios BAFTA: Mellor actor, actriz e secundaria.
  • 2008: Asociación de Críticos d'Os Ánxeles: Finalista a mellor actriz secundaria (Viola Davis).
  • 2008: Screen Actors Guild: Mellor actriz (Meryl Streep). 5 nomeamentos.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar