Dos días do porvir

novela distópica de H. G. Wells

Dos días do porvir[1][2] (en inglés: A Story of the Days To Come) é unha novela do británico H. G. Wells publicada por vez primeira entre os meses de xuño e outubro de 1899 nos sucesivos números de The Pall Mall Magazine. Máis tarde sería compilada como parte da colección Tales of Space and Time.

Dos días do porvir
Título orixinalA Story of the Days To Come
Autor/aH. G. Wells
OrixeReino Unido
Linguainglés
Tema(s)Distopía
Xénero(s)Novela
Editorial The Pall Mall Magazine
Galicia Editorial Hugin e Munin
Data de pub. 1899
Galicia 2018
Páxinas140
ISBNISBN 978-84-946538-6-5
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

Foi traducido ó galego por Alejandro Tobar[3] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2018.[1]

Trama e características

editar

Está dividida en cinco capítulos: "The Cure for Love", "The Vacant Country", "The Ways of the City", "Underneath" e "Bindon Intervenes".

Conta a historia de dous amantes, Elizabeth e Denton, no Londres distópico do século XXII. Explora as implicacións dunha urbanización excesiva e do sistema de clases; así mesmo, aborda temas como o progreso tecnolóxico en campos coma a medicina, as comunicacións, o transporte ou a agricultura.

Como tamén sucede en When the Sleeper Wakes, publicada o mesmo ano, o relato establece continuas comparanzas entre a época vitoriana e a cidade futura a douscentos anos vista: un Londres poboado por 30 millóns de persoas, no que as clases desfavorecidas residen no subsolo mentres que a media e alta o fan en rañaceos e hospedaxes colectivas. Unha serie de plataformas móbiles interconectan a cidade, tanto por vía aérea coma pola superficie, onde se acadan altas velocidades; pola contra, o medio rural amósase en estado de abandono.

  1. 1,0 1,1 Dos días do porvir. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2018. ISBN 978-84-946538-6-5 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. O futurismo crítico de H.G. Wells Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 3 de abril de 2018
  3. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 54. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar