Dorothy Caruso
Dorothy Park Benjamin Caruso, nada en Hastings-on-Hudson (Nova York) o 6 de agosto de 1893 e finada en Baltimore (Maryland) o 16 de decembro de 1955, foi unha escritora estadounidense, muller e biógrafa do tenor italiano Enrico Caruso.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Dorothy Park Benjamin 1893 Nova York, Estados Unidos de América |
Morte | 16 de decembro de 1955 (61/62 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Margaret Caroline Anderson (1942–1955) Enrico Caruso (1918–1921) |
Fillos | Gloria Grazianna Victoria America Caruso () Enrico Caruso |
Pais | Park Benjamin e Ida Crane |
Cronoloxía | |
20 de agosto de 1918 | Enrico Caruso wedding (en) |
Traxectoria
editarDorothy Park Benjamin foi filla do avogado Park Benjamin Jr. e de Ida Crane.
O 20 de agosto de 1918 casou con Enrico Caruso. En 1919 tiveron unha filla, Gloria Grazianna Victoria America Caruso Murray. Enrico Caruso morreu en 1921.[1]
Dorothy Caruso casou co capitán Ernest Augustus Ingram (1892-1954) en Londres o 28 de novembro de 1923. Tiveron unha filla, Jacqueline Dorothy Ingram (1924-1994) e divorciáronse en novembro de 1925. En 1933 casou co doutor Charles Adam Holder (1872-1955).[2]
En 1942, durante unha viaxe en barco aos Estados Unidos desde Francia coñeceu a Margaret Caroline Anderson, con quen comezou unha longa amizade. Viviron xuntos até a morte de Dorothy por mor dun cancro. Foi soterrada no cemiterio de Druid Ridge en Baltimore.
Obra
editarDorothy Park Benjamin Caruso escribiu dúas biografías do seu primeiro home. A segunda dela foi levada ao cine en 1951 co título de The Great Caruso, con Mario Lanza como protagonista[3][4]
- Wings Of Song: The Story Of Caruso (1928)
- Enrico Caruso: His Life and Death (1945)
- Dorothy Caruso: A Personal History (autobiografía, 1952)
Notas
editar- ↑ "Caruso love letters reveal passion behind a life of epic operatic drama". Consultado o 18 de agosto de 2017.
- ↑ "The Lewiston Daily Sun". The Lewiston Daily Sun. 30 de xuño de 1933.
- ↑ Caruso, Dorothy; Goddard, Torrance (1928). Minton, Balch, ed. Wings of Song: The Story of Caruso (en inglés).
- ↑ Gevinson, Alan (1997). University of California Press, ed. Within Our Gates: Ethnicity in American Feature Films, 1911-1960 (en inglés). p. 412. ISBN 9780520209640.