Don Knotts
Jesse Donald "Don" Knotts, nado en Morgantown, Virxinia Occidental, o 21 de xullo de 1924 e finado nos Ánxeles o 24 de febreiro de 2006, foi un humorista e actor estadounidense.
Traxectoria
editarKnotts é coñecido pola súa interpretación de Barney Fife na comedia de situación da década de 1960 The Andy Griffith Show, papel polo que gañou cinco Emmy, e polo de Ralph Furley en Three's Company na década de 1970. Foi protagonista de ducias de filmes cómicos como The Incredible Mr. Limpet (1964), e foi a voz do sarxento Sniffer en Air Buddies (2006).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Don Knotts |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |