Dolmen de La Pastora

O dolmen de la Pastora é un monumento megalítico situado na vila andaluza de Valencina de la Concepción (Provincia de Sevilla).

Características

editar

Descuberto en 1860, trátase dun tholos cun longo corredor que termina cunha cámara circular ó fondo. A cuberta e o chan están construídos con grandes laxas; as súas paredes son de laxas de lousa que na cámara conforman unha falsa cúpula por aproximación de fiadas. O corredor divídese en tres tramos separados entre si por laxas sobresaíntes a modo de portas e chanzo. O tramo inicial conservouse moi mal co que desapareceu a cuberta e parte dos muros laterais. A orientación da súa entrada mirando cara a poñente é distinta ó resto de megálitos andaluces con acceso desde levante. Este dolmen pode visitarse.

Dolmen de la Pastora
Entrada ó dolmen.
Corredor do dolmen.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar