Doenza ósea endócrina

Unha doenza ósea endócrina, tamén chamada endocrinopatía ósea, é un termo que agrupa ao conxunto de enfermidades que afectan aos ósos e que teñen orixe nunha patoloxía do sistema endócrino.[1] A doenza ósea máis coñecida dentro deste grupo é a osteíte fibrosa quística. As doenzas óseas endócrinas son máis común nas persoas de idade avanzada. Porén, poden afectar tamén a adolescentes. Todas as doenzas deste grupo teñen en común o feito de presentaren unha anormalidade nun órgano específico do sistema endócrino. Esta anormalidade provoca unha disfunción da fisioloxía do organismo que dá lugar a trastornos na formación, mineralización ou correcto funcionamento do óso.[2]

Doenza ósea endócrina
Clasificación e recursos externos
Osteíte fibrosa quística nunha tibia humana. As frechas sinalan pequenos tumores pardos típicos desta doenza.
MeSHD001849
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Notas editar

  1. Joplin, GF (1973)."Endocrine bone disease" Proceedings of the Royal Society of Medicine 66 (5): 447
  2. Mailhot, Geneviève; Petit, Jean-Luc; Dion, Natalie; Deschênes, Claire; Ste-Marie, Louis-Georges; Gascon-Barré, Marielle (2007). "Endocrine and bone consequences of cyclic nutritional changes in the calcium, phosphate and vitamin D status in the rat:". Bone 41 (3): 422–36

Véxase tamén editar

Outros artigos editar