Doenjang
Doenjang (tønʨaŋ) é unha salsa tradicional da cociña coreana. Trátase dun alimento fermentado a base de grans de soia. En lingua coreana significa pasta lixeira. Acostúmase servir fría como un acompañamento de pratos de verdura e emprégase como salsa para mollar. Ás veces aparece nos pratos coreanos acompañada doutras salsas e preparacións como o gochujang, para producir o ssamjang . É frecuente na preparación do doenjang adicionarlle pasta de anchoas para intensificar o sabor da salsa. É unha preparación habitual que acompaña ao samgyeopsal.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Doenjangwithbeans.jpg/250px-Doenjangwithbeans.jpg)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Doenjang |