Organización territorial de Israel

(Redirección desde «Distritos de Israel»)

A organización territorial de Israel baséase en tres niveis de goberno: o goberno central, os distritos e os municipios.

Distritos de Israel editar

Israel está dividido administrativamente en seis distritos principais, coñecidos en lingua hebrea como mehozot (singular: mehoz) e 15 sub-distritos, coñecidos como nafot (singular: nafa) que se subdividen á súa vez en 50 rexións naturais. Os distritos están dirixidos por un funcionario designado polo Ministerio do Interior.

 
Densidade de poboación por rexión xeográfica, sub-distrito e distrito.
Distrito Capital Área Poboación
Distrito Central Ramla 1.293 km² 1.976.300 (2013)
Distrito de Haifa Haifa 864 km² 951.900 (2013)
Distrito de Xerusalén Xerusalén 652 km² 1.008.400 (2013)[1]
Distrito Meridional Bersebá 14.231 km² 1.168.600 (2013)
Distrito Norte Nazaret 4.478 km² 1.341.500 (2013)
Distrito de Tel Aviv Tel Aviv-Yafo 176 km² 1.331.300 (2013)
Xudea e Samaria(*) Ariel 5.878 km² Xudeus: 376.500
Palestinos: aproximadamente 2.1 millóns

(*)A área de Xudea e Samaria (Cisxordania) é considerada internacionalmente parte dos territorios palestinos.

Sub-distritos editar

Norte: Safed, Kinneret, Yizre'o, Acre, Altos do Golán.

Haifa: Haifa (Mehoz Hefa) Hadera

Central: Sharon, Petah Tiqwa, Ramla, Rehovot,

Sur: Ascalón, Bersheva,

Rexións naturais editar

As rexións naturais son unidades non administrativas que utiliza o Goberno para cuestións estatísticas e para o censo de poboación.

Territorios disputados editar

En canto aos territorios en disputa, os Altos do Golán están integrados administrativamente no Distrito Norte, os asentamentos israelís en Cisxordania na área de Xudea e Samaria, e Xerusalén Leste no Distrito de Xerusalén.

Municipios editar

O Ministerio de Interior israelí recoñece catro tipos de goberno local:

  • As cidades, que adoitan ter máis de 20.000 habitantes. Actualmente hai 71.
  • Os consellos locais, que administran poboacións entre 2000 e 20.000 habitantes. Actualmente hai 141.
  • Os consellos rexionais, que administran grupos de pobos de menos de 2000 habitantes. Actualmente hai 54.
  • Os consellos industriais, que administran grandes e complexas áreas industriais fose das cidades. Hai dous consellos industriais locais: Tefen na Alta Galilea (ao norte de Carmiel) e Ramat Hovav no Néguev (ao sur de Beerseba).

As eleccións municipais celébranse cada cinco anos, e calquera residente maior de 18 anos pode votar, sexa ou non israelí. Para ser elixido alcalde hai que ter máis de 21 anos.

Os municipios son os encargados da educación, a sanidade e a saúde públicas, a xestión da auga, o mantemento da rede viaria, os parques e as brigadas de bombeiros. Tamén se encargan de recadar os impostos locais.

Notas editar

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2015. Consultado o 01 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar