Distrito Histórico de Pleasant Street (Gainesville, Florida)

O Distrito Histórico de Pleasant Street é un distrito histórico dos Estados Unidos (designado como tal o 20 de abril de 1989[1]) localizado en Gainesville, Florida. Abarca aproximadamente 3,1 km², estando delimitado polas Northwest 8th Avenue, Northwest 1st Street, Northwest 2nd Avenue e Northwest 6th Street. Abrangue dentro do seu perímetro un total de 259 edificios históricos.

Modelo:Xeografía políticaDistrito Histórico de Pleasant Street
Imaxe

Localización
Mapa
 29°39′22″N 82°19′44″O / 29.656, -82.329Coordenadas: 29°39′22″N 82°19′44″O / 29.656, -82.329
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoFlorida Editar o valor em Wikidata
Lugar inscrito no Rexistro Nacional de Lugares Históricos
Tipodistrito
Identificador89000323

No ano 1984 fundouse unha asociación chamada Pleasant Street Historic Society (Sociedade Histórica de Pleasant Street), que naceu coa intención de preservar, promover e protexer ao barrio ou distrito de Pleasant Street, investigando a súa historia, eventos e persoeiros, e á historia afroamericana no Condado de Alachua[2]. Outra das súas funcións é a de mellorar a comunicación entre os propietarios e a comunidade financeira, coa fin de incrementar o valor patrimonial do barrio. O seu pulo, e o doutras organizacións locais, deron lugar en 1989 á declaración do barrio como distrito histórico polo NRHP[3].

Notas editar

  1. Referencia NRHP Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  2. About us na páxina da sociedade Arquivado 22 de decembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. Map of the Pleasant Street Historic District Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. no Alachua County Heritage Collection (en inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar