Diáspora (botánica)

mecansimo de reprodución dos vexetais
(Redirección desde «Disemínulo»)

En botánica o termo diáspora, tamén coñecido como disemínulo, refírese ao fenómeno polo que o embrión ou os embrións e os seus complexos orgánicos acompañantes as plantas separan de si para a súa propagación, ou diseminación.[1]

Aquenios dun dente de león

As estruturas que producen o disemínulo poden ser por vía asexual o sexual e, unha vez dispersados, xeran un novo individuo da especie, igual (e máis ou menos idéntico, dependiendo do sistema de produción) ao proxenitor ou aos proxenitores (no caso da reprodución sexual). Existen diversos tipos de disemínulos nas algas e nos fungos, mentres que nas plantas superiores poden tratarse de esporas ou de sementes, froitos completos ou plantas máis ou menos enteiras, aínda que certas estruturas reprodutoras asexuais, como os bulbilos, desempeñan un papel importante na dispersión de numerosas especies.[2]

Modalidades

editar

A diáspora é a dispersión natural das sementes e, en xeral, de todas as estruturas como froitos, esporas, etc., que as plantas realizan mediante dispositivos adecuados, en moitos casos relacionados con axntes diseminantes, como o aire (plantas anemocoras), a auga (plantas hidrocoras), os animais, ou mesmo o home (plantas antropocoras).
Porén, non sempre as plantas necesitan a diseminación mediante estes factores disperdantes, xa que moitas sementes mesmas, ou os froitos en que estas se conteñen, bástanse, nalgún casos, como nos chamados froitos espermobólicos (plantas bolocoras), ou nos que se enterran antes de alcannzar a plena madureza ou recentemente madurados (plantas xeocárpicas), nestes casos a diseminación é autodinámica. Desde o punto de vista da distancia até onde poden chegar os disemínulos, a diáspora pode ser propincua, se non alcanza máis que un pequenro raio de dispersión, ou lonxincua, cando os disemínulos se esparexan atá distancias considerábeis.[3]

Etimoloxías

editar

Para a de diáspora: ver Diáspora.

Para disemínulo: Este termo deriva do latín disseminare, "sementar", co sufixo -ulo indicando "cousa pequena".[3]

  1. Font Quer 1993, p. 324.
  2. Berreta, Elbio J. e Juan P. Puignau (1991): Glosario estructurado de términos sobre pasturas y producción animal. Español-Portugués. Montevideo, Uruguay: INCA - Procisur. ISBN 978-92-9039-180-7.
  3. 3,0 3,1 Font Quer 1993, p. 341.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar