An Daingean
An Daingean (en irlandés e oficialmente, e tamén en irlandés: Daingean Uí Chúis; adaptado ao inglés: Dingle) é unha localidade do Condado de Kerry, na costa atlántica de Irlanda, a uns 50 km ao suroeste de Tralee e uns 80 km ao noroeste de Killarney. A vila está situada nunha baía natural baixo a montaña Slievanea, na península de An Daingean, co río Shannon ao norte, e o Anel de Kerry ao sur.
Dingle (en) Daingean Uí Chúis (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Munster | |||
Condados | Condado de Kerry | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 3,3 km² | |||
Altitude | 1 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
As principais actividades da zona son o turismo, a pesca, a gandería e a agricultura. En 2006 An Daingean tiña unha poboación de 1.920 habitantes. An Daingean está situada nun Gaeltacht.
Durante moito tempo An Daingean foi unha vila remota, mais agora é un activo porto pesqueiro e un importante centro turístico.
Fungi, o golfiño de An Daingean
editarEn 1984 un golfiño comezou a frecuentar a zona do porto de An Daingean, converténdose nunha atracción para os visitantes. Calcúlase que naceu contra mediados da década de 1970, cunha esperanza de vida de 25 anos para a súa especie. Ten adicada unha escultura en bronce en An Daingean.
Lugares de interese
editarA igrexa neogótica de An Daingean, St. Mary, foi construída segundo o proxecto de J. J. McCarthy e O'Connell. A primeira pedra foi colocada en 1862.
Hai moitas posibilidades de escoitar música tradicional irlandesa na vila, especialmente no verán, na tempada de turismo. Tamén hai un acuario na vila e bo número de tendas de artesanía.
Poden tamén visitarse nos arredores os xacementos arqueolóxicos da península de An Daingean.
Cidades irmás
editarGalería de imaxes
editar-
Porto de An Daingean
-
Igrexa de St. Mary
-
John Street, An Daingean
-
John Benny's Pub
-
Fungi, o golfiño de An Daingean
-
Fungi