Diego González Rivas
Diego González Rivas, nado na Coruña en 1974, é un cirurxián galego creador da técnica de cirurxía torácica videoasistida minimamente invasiva que opera cunha única incisión.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1974 (49/50 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Campo de traballo | Cirurxía |
Ocupación | médico |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFillo dunha enfermeira,[2] licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago e formouse en Cirurxía Torácica e Trasplante de Pulmón no Hospital Universitario da Coruña, no que traballa. Tamén é cirurxián no Hospital San Rafael (Unidade de Cirurxía Torácica minimamente invasiva) e no centro médico HM Modelo. É ademais o creador e actual director do programa de adestramento videotorascópico no Shanghai Pulmonary Hospital na China.
Aprendeu a técnica no Cedars Sinai dos Ánxeles co Dr. Rob Mckenna. Despois foi ao centro médico de Duke de Carolina do Norte para aprender a técnica de dobre porto co Dr. Thomas Damico e finalmente revolucionou a técnica desenvolvendo a cirurxía pulmonar cunha única incisión.
Desde 2018 traballa no sistema robótico uniportal subxifoideo (Sistema robótico Da Vinci) realizando as primeiras lobectomías e timectomías do mundo nos Estados Unidos de América.
Foi coordinador do comité de congresos da Sociedade Española de Cirurxía Torácica, colabora coa Sociedade Europea e a Sociedade Internacional de Cirurxía Cardiotorácica Minimamente Invasiva. É membro de varias sociedades científicas e colabora coa American Association of Thoracic Sergery e ten publicacións en revistas especializadas.[3]
Está considerado o cirurxián que ten operado en máis países (120) e cidades do mundo.
Foi finalista no premio Princesa de Asturias en 2018[4] e de 2014 a 2018 foi Premio Top Doctors.[5] O Goberno chinés concedeulle o Premio Nacional de Ciencias e Tecnoloxía na categoría de Innovación e Técnicas Punteiras, o primeiro estranxeiro en recibilo.[6]
O libro Imposible es nada de Elena Pita recolle o traballo deste prestisioxo médico na súa loita contra o cancro e a dor.[7]
A Fundación María José Jove estreou en abril de 2021 o documental Operation beyond the borders que narra a viaxe a Gaza para operar durante a pandemia do coronavirus COVID-19 e formar médicos in situo na técnica Uniportal Vats.[8][9]
Notas
editar- ↑ "El cirujano gallego que ha conquistado el mundo: “He operado en más de 100 países”". La Vanguardia (en castelán). 2019-03-08. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ Jabois, Manuel (2017-07-20). "“Parecía ciencia ficción”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "Cirujano español creador de la técnica Uniportal VATS". www.diegogonzalezrivas.com (en castelán). Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "«Mi técnica está cambiando el mundo y lo que hago es enseñar, compartirla»". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-03-04. Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "Dr. Diego González Rivas: cirujano torácico en A Coruña". Top Doctors (en castelán). Consultado o 2021-04-29.
- ↑ huerta, maría de la (2019-01-18). "El gallego Diego González Rivas recibe el máximo premio de la Medicina china". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-04-29.
- ↑ Pita, Elena (2017). Imposible es nada. La Esfera. p. 268. ISBN 978-8490609163.
- ↑ Portabales, Pablo (2021-04-28). "Diego en Gaza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-04-29.
- ↑ "Estrea do documental 'Operation beyond the borders' do cirurxián galego Diego González Rivas CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2021-04-29.