Diario de Santiago (1848)

periódico de Santiago de Compostela (1848)

Diario de Santiago foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1848.

Diario de Santiago

Editar o valor em Wikidata
Fundación1848
Na rede
Galiciana: 94
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu en 1848. Imprimíase no establecemento tipográfico de Juan Rey Romero. O seu director literario foi Antonio Neira de Mosquera. Dedicou unha sección a Noticias locais. Publicaba datos de observacións meteorolóxicas, movemento de poboación e estatísticas da ensinanza universitaria, ademais dunha sección de anuncios. Os domingos insería un suplemento titulado Revista Literaria.[1] Continuou a súa liña editorial en El Patriota Compostelano.

Notas editar

  1. Revista Gallega, 2-6-1895, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar