Diario de Quiroga

Diario de Quiroga é un blog de información xeral dos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, na provincia de Lugo.

Traxectoria

editar

Diario de Quiroga botou a andar a mediados do ano 2018[1] para dar cobertura á actualidade da comarca luguesa de Quiroga. Conta con varias seccións: novas, lecer e cultura, deportes, xeoparque e outras, como as dedicadas ao viño, aceite e mel, ademais dun espazo para cada un dos concellos.

En 2020 puxo en marcha a iniciativa Quiroga Futuro,[2] «unha colección formada por relatos de emprendedoras e emprendedores que decidisen apostar por lanzar as súas iniciativas no municipio e que poidan servir de exemplo e impulso para outras persoas que teñan ideas de negocio e que as pretendan levar a cabo na vila». Por outra banda, no corenta aniversario da feira do viño do municipio, creou a campaña FDV40.[3]

Difusión

editar

En 2018, o blog recibiu 28 000 visitas e en 2019 máis de 110 000.[4] Ademais, nas redes sociais acumula uns 3 500 seguidores.

Véxase tamén

editar

Enlaces externos

editar