Diagrama polar
Un diagrama polar é a representación gráfica de dúas magnitudes con dependencia angular que amosa a radiación que un determinado sistema capta ou emite nun espazo, por exemplo as ondas electromagnéticas ou o son.
Un exemplo de uso é para mostrar a sensibilidade coa que un son é captado por un micrófono segundo o ángulo co que o son incide (directividade). Segundo o seu diagrama polar os micrófonos divídense en omnidirecionais, bidireccionais e unidireccionais. Outros exemplos son os altofalantes (os bidireccionales e omnidireccionais non se empregan moito: requieren grandes caixas acústicas), así como antenas de todo tipo.
Temos logo, dependendo da súa direccionalidade, diagramas:
- Omnidireccionais
- Bidireccionais
- Unidireccionais
- Cardioides
- Supercadioides
Omnidireccional ou non-direccional
editarPor igual en todas as direccións, é dicir, nos 360º.
Bidireccional
editarO diagrama polar ten forma de oito, nome que tamén recibe, con dous lóbulos opostos. Emiten ou captan tanto por diante como por detrás, mentres que son practicamente inútiles nos laterais.
O ángulo preferente sitúase arredor dos 100º.
Unidireccionais
editarEmiten ou captan nunha dirección moi determinada e son relativamente inútiles polo resto.
Cardioide
editarTipo de unidireccional que se chama así porque o diagrama polar ten forma de corazón, isto é, radian ou captan cara ou desde a parte frontal e teñen un mínimo de sensibilidade na parte posterior, onde se produce unha atenuación gradual.
O ángulo preferente sobre os 160º.