Diabo

(Redirección desde «Diaño»)

Diabo[1] (en latín diabolus, do grego διάβολος, transliteración diábolos, derivado do verbo διαβάλλω, transliteración diabállô, co significado de 'calumniador' ou 'acusador'[2]) é o título máis común atribuído á entidade sobrenatural maligna da tradición cristiá. É tratado coma a representación do mal, na súa forma orixinal dun anxo querubín, responsábel da garda celestial,[3] que foi expulsado dos Ceos por ter comezado unha rebelión de anxos contra Deus co obxectivo de tomar o trono.[4] Ao seu aspecto inda descoñecido, moitas son as tentacións de reproducilo. O máis popular o levaría a ter unha cor vermella, con faccións humanas, mais con cornos, rabo puntiagudo e un tridente na man, para remitir a un cetro.

Representación do diabo segundo Dante Alighieri.

Outro xeito tamén común en canto ao aspecto corresponde á dun ser metade humano, metade bode, co pentagrama invertido inscritos no corpo (imaxe de Bafomet).

Visto dende o punto de vista satanista non é un deus nin un ser pensante, senón unha representación da gran forza que dá equilibrio ao universo (Anton LaVey, fundador da Igrexa de Satán).

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Diabo.
  2. Online Etymology Dictionary.
  3. Libro de Ezequiel 28, 14
  4. Libro de Isaías 14, 12-15

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.