Desenlace
Enténdese por desenlace o final dunha obra narrativa, teatral, cinematográfica etc. Constitúeno os acontecementos que seguen ao clímax principal do argumento ou ao desenredo ou aclaración das complicacións do final.
Tipos de desenlaces
editar- Terminantes: O problema queda resolto.
- Problemáticos: O problema segue sen se resolver.
- Dilemáticos: O problema ofrece dúas solucións: o lector é libre para elixir a que se lle antolle máis verosímil pero non pode estar seguro de cal é a verdadeira.
- Promisorios: Suxírense, sen especificar, posibles continuacións.
- Invertidos: O protagonista ó final toma unha actitude oposta á inicial.
- Sorpresivos. O narrador engana o lector e nas últimas liñas desengánao de forma inesperada.