Des hommes et des dieux

filme de 2010 dirixido por Xavier Beauvois

Des hommes et des dieux é un filme francés de 2010 dirixido por Xavier Beauvois, e protagonizado por Lambert Wilson e Michael Lonsdale. O título do filme fai referencia a un verso da Biblia que se amosa ó comezo do mesmo. Conta a historia do mosteiro de Tibhirine, onde nove monxes cistercienses viviron en harmonía coa poboación musulmá en Alxeria, até que sete deles foron secuestrados e asasinados en 1996 durante a guerra civil alxeriana.[2]

Des hommes et des dieux
Ficha técnica
Título orixinalDes hommes et des dieux
DirectorXavier Beauvois
ProdutorPascal Caucheteux
Étienne Comar
Grégoire Sorlat
GuiónÉtienne Comar
Xavier Beauvois
IntérpretesLambert Wilson
Michael Lonsdale
FotografíaCaroline Champetier
MontaxeMarie-Julie Maille
EstudioWhy Not Productions
Armada Films
DistribuidoraMars Distribution (Francia)
EstreaFestival de Cannes: 18 de maio de 2010
Francia 8 de setembro de 2010
Duración122 minutos
Orixe Francia
XéneroDrama
Recadación42,1 millóns de dólares[1]
Na rede
http://www.ofgodsandmenmovie.com/, http://www.luckyred.it/uominididio/ e http://www.marsfilms.com/pro/film/show/des_hommes_et_des_dieux
IMDB: tt1588337 Filmaffinity: 820785 Allocine: 56826 Rottentomatoes: m/of_gods_and_men Mojo: ofgodsandmen Allmovie: v517468 TCM: 802321 Metacritic: movie/of-gods-and-men TV.com: movies/of-gods-and-men Netlix: 70139512Editar o valor em Wikidata

Foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 83ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]

Sinopse editar

A acción sitúase nun mosteiro da rexión do Atlas en Alxeria, durante a década de 1990. Oito monxes cristiáns pertencentes á orde da Trapa viven alí en harmonía coa poboación musulmá, establecendo lazos de cooperación contra os efectos da pobreza, ocasionados por un réxime en decadencia. Dedicados á vida contemplativa, a rezar, a sementar a terra e a apoiar a poboación dos arredores, mesmo o mosteiro se emprega como dispensario médico de facto pola poboación da zona.

Un grupo de fundamentalistas islámicos asasina un equipo de traballadores croatas nunha zona próxima ao mosteiro (20 km aproximadamente) e o pánico apodérase dos habitantes da rexión, que soportan os embates da guerra civil alxeriana. O exército gobernamental alxeriano ofrece protección aos monxes, mais estes rexéitano para non verse involucrados na guerra nin por suposto facer uso da violencia. Un comando armado de fundamentalistas entra no mosteiro, sendo a primeira advertencia sobre o destino que os esperaba. Os monxes dubidan sobre a posibilidade real de retirarse debido aos lazos de amizade formados coa poboación civil, que lles pide que queden. A pesar da crecente ameaza, os monxes fan uso da reflexión: por un lado o apego á súa vida, e polo outro cal é o seu deber; os oito monxes fan unha síntese dos seus medos e obrigas, dando por resultado a súa permanencia no mosteiro ata as últimas consecuencias.

Personaxes editar

Notas editar

  1. "Of Gods and Men (2011) – Box Office Mojo". Box Office Mojo. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  2. "Of Gods and Men Press Kit" (PDF). Sony Classics. Consultado o 28 de setembro de 2013. 
  3. Keslassy, Elsa (17 de setembro de 2010). "France choses 'Gods' for Oscars". Variety. Consultado o 17 de setembro de 2010. 
  4. "9 Foreign Language Films Continue to Oscar Race". oscars.org. Consultado o 19 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar