Des Knaben Wunderhorn
Das Knaben Wunderhorn (O rapaz do corno máxico en tradución literal ó galego) é o titulo dunha colección de poemas folclóricos recollidos por Achim von Arnim e Clemens Brentano a comezos do século XIX.
OrixeEditar
A obra foi publicada en dúas partes no 1805 e no 1808 na cidade de Heidelberg. Esta recollía cancións populares do sur de Alemaña que nalgúns casos foron modificadas e adaptadas por Arnim e Brentano. Naquela época (guerras napoleónicas, desenvolvemento do liberalismo político e do nacionalismo) as tradicións e expresións populares dos pobos tiñan grande acollida nos eidos culturais europeos. Os tres volumes da obra, adicados ó poeta Goethe, acadaron un grande éxito.
Influencias posterioresEditar
Esta obra tivo un grande impacto no compositor Gustav Mahler. Outros compositores que musicaron algún dos poemas foron Felix Mendelssohn, Robert Schumann, Carl Loewe, Johannes Brahms e Alexander von Zemlinsky.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
BibliografíaEditar
- Libreto do CD: Des Knaben Wunderhorn. Sarah Conolly, Dietrich Henschel. Orquestre des Champs-Élysées. Harmonia Mundi, s.a.