Deputación Foral de Áraba

(Redirección desde «Deputación de Áraba»)

A Deputación Foral de Áraba (en éuscaro: Arabako Foru Aldundia, en castelán: Diputación Foral de Álava) é o órgano de goberno do territorio histórico de Áraba, no País Vasco (España).

Imaxe do principal edificio da Deputación.

Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Áraba exerce competencias específicas de Deputación Foral derivadas da natureza de Áraba como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía, por exemplo ten importantes competencias tributarias, en urbanismo e en asuntos sociais.

Deputado Xeral editar

Á fronte da Deputación Foral está o goberno foral de Áraba, formado polo consello de deputados e o presidente destes, coñecido como Deputado Xeral (en éuscaro: Diputatu Nagusia ou Ahaldun Nagusia), que é elixido polas Xuntas Xerais de Áraba, o parlamento provincial.

Deputados Xerais de Áraba dende a Transición editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar