Departamento de Choluteca
Choluteca é un dos 18 departamentos nos que se divide a República de Honduras, e é o máis meridional desta. Limita polo norte cos departamentos de Francisco Morazán e El Paraíso, polo oeste co Golfo de Fonseca e o departamento de Valle, e polo leste e sur coa veciña Nicaragua.
Ten unha superficie total de 4360 km2. A súa poboación é de aproximadamente 395.000 habitantes. Conta con moitos terreos que son utilizados para a agricultura, a pesca, azucareiras, camaroneiras etc. A cabeceira do departamento é a cidade de Choluteca, que é atravesada polo río Choluteca que cruza o departamento.
Historia
editarCholuteca foi un dos sete departamentos orixinais nos que se dividiu Honduras despois da súa independencia, en 1825, aínda que as súas fronteiras mudaron no transcurso da historia. En 1843 adheriuse ao seu territorio o distrito de Guascorán, até daquelas parte de Comayagua. En 1893 desprendeuse da súa parte máis occidental, coa creación do departamento de Valle.