Dennis Banks
Activista anishinabe
Dennis Banks, nado na reserva india de Leech Lake o 12 de abril de 1937, e finado en Rochester o 29 de outubro de 2017,[1] foi un líder, mestre, activista e autor do pobo ojibwa. Banks tamén é coñecido como Nowa Cumig (Naawakamig no sistema ojibwe de escrita). O seu nome en lingua ojibwa significa "no centro do universo". Foi durante moito tempo o líder do American Indian Movement, que cofundou en 1968 en Minneapolis.
![]() (2013) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1937 ![]() Reserva india de Leech Lake, Estados Unidos de América ![]() |
Morte | 29 de outubro de 2017 ![]() Clínica Mayo, Estados Unidos de América ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Battle Point ![]() |
Grupo étnico | Pobo ojibwa ![]() |
Educación | Universidade de California en Davis ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema, activista ![]() |
Partido político | Partido Paz e Liberdade ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Cine
editarBanks tivo papeis nos filmes War Party (1988), O derradeiro dos mohicanos (1992), Thunderheart (1992) e Older Than America (2008).
Notas
editar- ↑ Redacción (23 de novembro de 2017). "Morreu Dennis Banks, líder do movemento que loitou pola soberanía dos indios norte-americanos". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 25 de novembro de 2017.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Dennis Banks na IMDb (en inglés).
- AIM (en inglés)