Demografía de San Marino

San Marino é un estado de 61,5 km² de superficie, o que o converte no segundo estado máis pequeno de Europa. Posúe preto de 30.000 habitantes (29.973 estimados en 2008), tendo así unha densidade de poboación de 489 hab./km².

A poboación, composta basicamente por sanmarineses nativos e italianos, segue unha tendencia de crecemento: no primeiro censo de 1864 a poboación era de 7.080, no segundo (1874) de 7.464, no terceiro (1899) de 9.359, no cuarto (1947) de 12.100 e no quinto (1976), de 12.284. Os sanmarineses que residen no estranxeiro son preto de 17.000 mentres que os estranxeiros que residen en San Marino son 1.000, aproximadamente.

Datos demográficos editar

Tódolos datos demográficos que se amosan a continuación corresponden a estimación do ano 2005.

  • Estrutura da poboación por franxa de idade
0-14 anos: 16,7% (homes: 2.482; mulleres: 2.328)
15-64 anos: 66,5% (homes: 9.255; mulleres: 9.943)
65 anos ou máis: 16,9% (homes: 2.106; mulleres: 2.766)
  • Idade media
Homes: 39,91 anos
Mulleres: 40,65 anos
Conxunto da poboación: 40,29 anos
  • Taxa de crecemento da poboación: 1,3%
  • Taxa de natalidade: 10,18 /1.000 hab.
  • Taxa de mortaldade: 8,07 /1.000 hab.
  • Taxa de fertilidade: 1,33
  • Taxa de mortaldade infantil
Homes: 6,16 /1.000 nacidos vivos
Mulleres: 5,26 /1.000 nacidos vivos
Conxunto da poboación: 5,73 /1.000 nacidos vivos
  • Expectativa de vida ao nacer
Homes: 78,13 anos
Mulleres: 85,43 anos
Conxunto da poboación: 81,62 anos
  • Estrutura da poboación por xénero (estimativa de 2005)
Ao nacer: 1,09 Homes/1 Muller
Menos de 15 anos: 1 Homes/1 Muller
Entre 15 e 64 anos: 0,93 Homes/1 Muller
Máis de 64 anos: 0,76 Homes/1 Muller
Conxunto da poboación: 0,92 Homes/1 Muller
  • Relixión:
Católica: 88,7%
Pentecostais: 1,8%
Outras: 9,5% (ano 2000)
  • Linguas:
Italiano
Emiliano-romañolo

Fóra do territorio editar

Existen hoxe cerca de 17.000 sanmarineses que residen no exterior, a maioría en Italia, basicamente nas rexións de Emilia Romagna e As Marcas. Esa cifra eleva, desa maneira, o número de cidadáns sanmarineses a case 45.231. Toda comunidade de residentes no exterior debe obter o recoñecemento xurídico do Consiglio dei XII. Actualmente son 6.695 os sanmarineses inscritos polas varias comunidades espalladas polo mundo. A maior delas é a de Detroit que conta con cerca de mil inscritos.

Estranxeiros en San Marino editar

Os estranxeiros constitúen 15% da poboación de San Marino. Deses, o 10% son italianos.

Concello (Castello) Estranxeiros
San Marino 612
Acquaviva 351
Borgo Maggiore 972
Chiesanuova 205
Domagnano 450
Faetano 180
Fiorentino 318
Montegiardino 114
Serravalle 1.800
TOTAL 5.002

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar