Decipher
Decipher é unha novela escrita polo escritor inglés Stel Pavlou que foi publicada no 2001 por Simon & Schuster (no Reino Unido) e no 2002 por St. Martin's Press (nos Estados Unidos).
Decipher | |
---|---|
Título orixinal | Decipher |
Autor/a | Stel Pavlou |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Relixión, Suspense, Ficción especulativa |
Editorial | Simon & Schuster (RU) |
Data de pub. | 2001 |
Páxinas | 624 p. (Edición no RU) e 400 p. (Edición de USA) |
ISBN | ISBN 0-7432-0857-9 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarDo máis profundo do xeo da Antártida sae un sinal. A Atlántida espertou. Os monumentos antigos do todo o mundo, dende as pirámides de Exipto e México ata os sitios arqueolóxicos sagrados da China, están reaccionando á crise que se aveciña. Os monumentos están conectándose a través dos océanos. Na terra conde o pánico, porque semella que os sinais procedentes da Atlántida son o preludio de algo meirande. Dous exércitos, o estadounidense e o chinés, están a piques de entrar en guerra polo control dos enigmas, codificados en anacos de cristal rescatados da cidade afundida. A humanidade tivo doce mil anos para interpretar as claves, pero agora só lle queda unha semana.
Personaxes
editar- Richard Scott - Lingüista antropolóxico
- Jon Hackett - Físico
- Ralph Matheson - Enxeñeiro
- Sarah Kelsey - Xeólogo
- Bob Pearce - Remote Viewer
- Almirante Dower - Xefe do Comando Espacial de USA
- November Dryden - Estudante
- Jack Bulger - Troubleshooter
- Rip Thorne - CEO Rola Corp.
- Carver - Mercenario
- Clemmens - Enxeñeiro