De Gouden Swipe

filme de 1996 dirixido por Steven de Jong

De Gouden Swipe é un filme neerlandés realizado en frisón en 1996 baseado no libro De Gouden Swipe de Abe Brouwer. Dirixido por Steven de Jong e protagonizada por Rense Westra, Steven de Jong e Maaike Schuurmans. A estrea realizouse o 12 de setembro de 1996 nun centro sociocultural de Drachten. A canción principal do filme In nije dei é da banda De Kast.

Argumento editar

Douwe Wallinga (Rense Westra) gaña na década de 1830 o máis cobizado premio de carreiras de carros de Frisia, o Gouden Swipe, e vai celebrar a vitoria co seu amigo Wilco a un bar, cando volve á casa, seu fillo Ate (Steven de Jong) acusa a Wilco de manter relacións sexuais coa súa nai a cambio de cartos. Ate marcha con seu tío Ids e durante moito tempo pai e fillo non se falan ata que a muller de Douwe admite, antes de morrer, que o dito polo fillo é verdade, entón prodúcese a reconciliación entre os dous homes pero ao se namorar Ate de Janke Feikema (Maaike Schuurmans), filla dun traballador de seu pai orixina outro conflito ao intentar seu pai impedir que prosiga, ao que se porá fin nunha nova carreira ao gañar Ate o Goulden Swipe logo de lle estreitar de mans a Douwe.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar