David Sarnoff
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
David Sarnoff, nado o 27 de febreiro de 1891 preto de Minsk e finado o 12 de decembro de 1971, foi un home de negocios e pioneiro da radio e a televisión comerciais nos Estados Unidos.
David Sarnoff | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 27 de febreiro de 1891 |
Lugar de nacemento | Uzliany |
Falecemento | 12 de decembro de 1971 |
Lugar de falecemento | Manhattan |
Soterrado | Cemitério Kensico |
Nacionalidade | Imperio Ruso e Estados Unidos de América |
Etnia | Pobo xudeu |
Ocupación | emprendedor e enxeñeiro |
Cónxuxe | Lizette Hermant |
Fillos | Thomas Warren Sarnoff, Edward Sarnoff e Robert Sarnoff |
Premios | Freedom Award, Prêmio David Sarnoff IEEE e Medalha Fundadores IEEE |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Naceu nunha comunidade xudía preto da cidade de Minsk, entón parte do Imperio Ruso. En 1900 marchou con súa nai e irmáns a Nova York, onde xa estaba seu pai. Aos quince anos tivo que procurar traballo para soster á familia logo que seu pai enfermara de tuberculose, logrou un traballo na Commercial Cable Company dedicada á telegrafía, entrando pouco despois, setembro de 1906, na Marconi Company, realizando diferentes tarefas en oficinas e navíos chegando a inspector xefe e director comercial. Foi o primeiro director xeral da Radio Corporation of America (RCA) desde pouco despois da súa constitución en 1919 ata 1930 e despois presidente ata o seu retiramento en 1970. En 1926 formou a National Broadcasting Company (NBC) para explotar o mercado de radio comercial e a partir de 1930 apoiou economicamente o desenvolvemento do sistema de televisión que viña realizando Vladimir Zworykin. Durante a segunda guerra mundial serviu co xeneral Dwight D. Eisenhower, foi responsable da restauración das emisións de Radio Francia e polos seus servizos foi ascendido a xeneral de brigada na reserva da Arma de transmisións en 1945, sendo coñecido en diante como o Xeneral ("The General")[1]
NotasEditar
- ↑ "Mrs. David Sarnoff dies at 79; Widow of Broadcasting Pioneer," New York Times, January 10, 1974.