David Harper

editor e xornalista numismático estadounidense

David C. Harper, nado en Gary, Indiana, o 24 de xullo de 1955, é un xornalista e editor numismático estadounidense.

David Harper
Datos persoais
Nacemento24 de xullo de 1955
LugarGary
NacionalidadeEstados Unidos de América
Actividade
Camponumismático
Alma máterUniversidade de Wisconsin.
Contribucións e premios
Coñecido porRedactor de Krause Publications.
PremiosVéxase a sección "Recoñecementos".
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

David Harper iniciouse no mundo do coleccionismo numismático en 1963, á idade de oito anos, cunha modesta colección de moedas dun centavo de dólar, e en 1969 subscribiuse á revista Numismatic News, sen saber que anos despois marcaría o seu futuro profesional.[1]

Harper cursou os seus estudos superiores de Xornalismo e de Economía,[1] na Universidade de Wisconsin en Oshkosh, onde se graduou en 1977.[2]

O 17 de abril de 1978 ingresou na editora numismática Krause Publications, e durante as súas catrio décadas de vinculación con esa compañía foi editor de varias revistas numismáticas, como Coins Magazine, World Coin News, Bank Note Reporter e Numismatic News.[1][2]

Entre outros cargos en entidades de carácter asociativo, Harper foi membro da xunta directiva do Numismatic Literary Guild (NLG) entre 1989 e 1991.[2]

Recoñecementos editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "David C. Harper". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 96.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Smith, P. (2012).
  3. 3,0 3,1 3,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  4. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar