David Concha
David Concha Salas, nado en Santander o 20 de novembro de 1996 é un futbolista español que xoga como extremo dereito ou dianteiro no Gimnàstic de Tarragona.
Concha | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | David Concha Salas | ||
Nacemento | 20 de novembro de 1996 | ||
Lugar de nacemento | Santander | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición |
Extremo dereito Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Gimnàstic de Tarragona | ||
Número | 23 | ||
Carreira xuvenil | |||
Racing de Santander | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2013 | Rayo Cantabria | 1 | (1) |
2013–2015 | Racing de Santander | 48 | (5) |
2015–2020 | Real Sociedad | 8 | (0) |
2015–2016 | → Numancia | 26 | (5) |
2017–2018 | → Barcelona B | 14 | (1) |
2018–2019 | → Gamba Osaka | 0 | (0) |
2019 | → Gamba Osaka sub-23 | 4 | (1) |
2020–2022 | Badajoz | 61 | (4) |
2022–2023 | Hammarby | 13 | (0) |
2023– | Gimnàstic de Tarragona | 11 | (0) |
Selección nacional | |||
2014–2015 | España sub-19 | 7 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 14 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarFormouse na canteira do Racing de Santander, onde ingresou aos 9 anos, procedente do CD Marina Sport.[1] Debutou co primeiro equipo o 6 de decembro de 2013, entrando como substituto de Javi Barrio na derrota por 0-1 ante o Sevilla na Copa do Rei.[2] Rematou a tempada con 13 partidos, contribuíndo ao ascenso do equipo á Segunda División.
En xullo de 2015 asinou un contrato de cinco anos coa Real Sociedad, saíndo cedido ao Numancia na primeira das tempadas. Na seguinte campaña, de volta en Vitoria, debutou na Primeira División, nunha derrota por 0-3 ante o Real Madrid.[3] En agosto de 2017 saíu cedido ao FC Barcelona B, onde xogou ata xaneiro de 2018.[4]
O 9 de marzo de 2019, tras máis dun ano de inactividade, saíu por primeira vez ao estranxeiro, fichando polo Gamba Osaka xaponés.[5] O 27 de febreiro de 2020, despois de só dous partidos oficiais, regresou a España e ingresou no Badajoz.[6]
En xullo de 2022 asinou co Hammarby Fotboll, da Allsvenskan de Suecia, co que disputou 14 partidos ata xaneiro.[7] O club informou da súa retirada do fútbol,[8] pero o 11 de xullo de 2023, despois de seis meses sen equipo, fichou polo Gimnàstic de Tarragona da Primeira División RFEF.[9]
Selección española
editarEn maio de 2014 foi convocado por primeira vez pola selección española sub-19.[10] Proclamouse con esta campión da Eurocopa sub-19 de 2015, na que disputou 75 minutos contra Rusia.[11]
Palmarés
editar- Selección española sub-19
- Eurocopa sub-19 (1): 2015.
Notas
editar- ↑ "David Concha, un producto de La Albericia en fase de maduración" (en castelán). 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Jairo no entiende de sentimentalismos" (en castelán). 6 de decembro de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Asensio descorcha la Liga" (en castelán). 21 de agosto de 2016. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Concha y Fali abandonan el Barça y regresan a la Real y al Nàstic" (en castelán). 31 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "David Concha se va cedido al Gamba Osaka" (en castelán). 9 de marzo de 2019. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "David Concha, otra estrella dorada para el Badajoz" (en castelán). 27 de febreiro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Hammarby värvar ytter - David Concha klar" (en sueco). 6 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "David Concha lämnar Hammarby" (en sueco). 25 de xaneiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2023. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "David Concha signa pel Nàstic!" (en catalán). 11 de xullo de 2023. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "David Concha, convocado con la Selección Española SUB 19" (en castelán). 16 de maio de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "España-Rusia: Accidente en Grecia (1-3)" (en castelán). 10 de xullo de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2023.