Un datáfono ou pasa cartóns, é un dispositivo compacto que, instalado nun establecemento comercial ou tenda, permite cobrar aos seus clientes (por rede telefónica, ou IP vía GSM, GPRS, Wi-Fi etc.) mediante tarxeta de crédito ou débito. Normalmente o datáfono dun comercio é proporcionado polo banco co que traballa.

Terminal de taxeta de crédito

Os datáfonos contan cun teclado, unha pequena impresora, un lector da banda magnética dos cartóns, un chip e un software para xestionar a operativa de venda e o protocolo de comunicacións. Habitualmente utiliza o servizo de transmisión de datos por vía telefónica.

O software que utilizan os datáfonos chámase kernel-EMV. EMV é un sistema de cifrado de datos que nos últimos anos está a ser implementado nos datáfonos.

Ligazóns externas editar