Lied der Deutschen

(Redirección desde «Das Lied der Deutschen»)

Das Lied der Deutschen ou Das Deutschlandlied (en galego: A canción dos alemáns ou A canción da Alemaña) é unha canción con letra escrita en 1841 por August Heinrich Hoffmann von Fallersleben e música de Joseph Haydn, composta orixinalmente en 1797 como parte dun cuarteto de cordas (Kaiserquartett) e que constitúe, na súa totalidade ou parcialmente, o himno nacional de Alemaña desde 1922. A mesma partitura, pero con texto de Leopold Haschka, foi o himno do Imperio Austrohúngaro, Gott erhalte Franz den Kaiser. Posteriormente, mantívose a melodía, pero a letra mudouse.

Das Lied der Deutschen
Das Deutschlandlied
En galego: A canción dos alemáns
Himno deAlemaña Alemaña
LetraHoffmann von Fallersleben
1841
MúsicaJoseph Haydn
1797
Adoptado1922
Mostra da música
noicon

Situación actual

editar

O himno é só a terceira estrofa desde a fundación da República Federal de Alemaña e así quedou constatado en 1952 por un intercambio de correspondencia, que logo se publicou no boletín oficial do goberno federal, entre o Presidente Federal Theodor Heuss e o Chanceler Federal Konrad Adenauer;[1] o status foi confirmado en 1991 nun intercambio de correspondencia entre o Presidente Federal Richard von Weizsäcker e o Chanceler Helmut Kohl.[2]

Orixes e historia

editar

O texto xurdiu nunhas circunstancias moi concretas, cando non existía un Estado alemán, senón que o territorio estaba divido nunha morea de cidades-estados e provincias, que paseniñamente foron asimiladas cara ao goberno central de Berlín ata converterse no Imperio Alemán en xaneiro de 1871. Logo da primeira guerra mundial, este texto, escrito 30 anos antes da unificación alemá, converteuse en himno nacional. A primeira estrofa «Deutschland, Deutschland über alles», malia que orixinariamente expresaba sinxelamente unha arela de unidade nacional, quedou vencellada co imperialismo alemán e, logo, co goberno nazi e a súa política abertamente expansionista. Entre 1933 e 1945, cantábase a primeira estrofa e logo o Horst Wessel Lied, o himno do partido nazi.

A continuación amósase a letra de "Lied der Deutschen" tal como foi escrita por Hoffmann von Fallersleben. Só a terceira estrofa é actualmente o himno nacional da República Federal de Alemaña.

Deutschlandlied
Letra en alemán Tradución aproximada
Primeira estrofa

Deutschland, Deutschland über alles,
Über alles in der Welt,
Wenn es stets zu Schutz und Trutze
Brüderlich zusammenhält.
Von der Maas bis an die Memel,
Von der Etsch bis an den Belt,
 Deutschland, Deutschland über alles,
 Über alles in der Welt!

Alemaña, Alemaña sobre todo,
Sobre todo no mundo,
Así será se na protección e resistencia
Permanecemos unidos coma irmáns.
Dende o río Mosa até o río Neman,
Dende o Adige até o Belt,
 Alemaña, Alemaña sobre todo,
 Sobre todo no mundo!

Segunda estrofa

Deutsche Frauen, deutsche Treue,
Deutscher Wein und deutscher Sang
Sollen in der Welt behalten
Ihren alten schönen Klang,
Und zu edler Tat begeistern
Unser ganzes Leben lang.
 Deutsche Frauen, deutsche Treue,
  Deutscher Wein und deutscher Sang!

Mulleres alemás, fidelidade alemá,
Viño alemán e música alemá
Deben manter no mundo
A súa antiga e fermosa melodía,
E inspirarnos nobres actos
A nosa vida enteira.
 Mulleres alemás, fidelidade alemá
 Viño alemán e música alemá!

Terceria estrofa
(Himno nacional de Alemaña)

Einigkeit und Recht und Freiheit
Für das deutsche Vaterland!
Danach lasst uns alle streben
Brüderlich mit Herz und Hand!
Einigkeit und Recht und Freiheit
Sind des Glückes Unterpfand;
 Blüh' im Glanze dieses Glückes,
 Blühe, deutsches Vaterland.

Unidade e xustiza e liberdade
Para a patria alemá!
Por iso ímonos todos esforzar
Fraternalmente co corazón e man!
Unidade e xustiza e liberdade
Son a promesa da ledicia;
 Florece co fulgor desa ledicia,
 Florece, patria alemá.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar