Darius Garland

baloncestista estadounidense

Darius Kinnard Garland, nado o 26 de xaneiro de 2000 en Gary, Indiana, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Con 1,85 metros de estatura xoga na posición de base.

Darius Garland
Cleveland Cavaliers – No. 10
Posición Base
Información persoal
Nacemento 26 de xaneiro de 2000 (24 anos)
Gary, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 87 kg (192 lb)
Información da carreira
Instituto Brentwood Academy
(Brentwood, Tennessee)
Universidade Vanderbilt (2018–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Cleveland Cavaliers
Carreira dende 2019
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2019–presente)

Traxectoria profesional editar

O 20 de xuño de 2019, Garland foi seleccionado polos Cleveland Cavaliers na 5ª posición do Draft da NBA de 2019.[1] O 3 de xullo de 2019, Garland asinou cos Cavaliers.[2] Debutou na NBA o 23 de outubro de 2019, facendo oito puntos, cinco asistencias e dous rebotes na derrota dos Cavaliers por 85–94 contra os Orlando Magic.[3] Nese partido Garland fixo historia ó converterse no primeiro xogador nado nos anos 2000 en debutar na NBA.[4]

Notas editar

  1. "Cavs Select Darius Garland, Dylan Windler in 2019 NBA Draft". NBA.com. 20 de xuño de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2019. 
  2. "Cavaliers Sign Garland, Windler and Porter Jr.". NBA.com. 3 de xullo de 2019. Consultado o 3 de xullo de 2019. 
  3. "Magic, Vucevic beat Cavaliers in season opener". ESPN.com. 23 de outubro de 2019. Consultado o 23 de outubro de 2019. 
  4. "Darius Garland Makes History in NBA Debut". FlurrySports. 25 de outubro de 2019. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar