Os dardos son un deporte competitivo que se practica individualmente ou por equipos, e que consiste en lanzar coa man tres dardos alternativamente cada xogador a unha diana ata completaren unha puntuación determinada ou alcanzar uns sectores determinados unha serie de veces tamén determinada, segundo a variante do xogo.

Dardo nunha diana

Ademais dun deporte profesional, os dardos son un xogo de pub tradicional.

HistoriaEditar

A primeira vez que se mencionan os dardos nos libros de historia foi en 1314. Entre batallas, os soldados, aburridos, buscaban outras ocupacións, unha das cales era competir entre eles lanzando paus ou outros materiais punzantes[1] ás tapas dos bocois de viño. Posteriormente empregaron a sección dun tronco de árbore colgado entre unhas pólas. Os mesmos círculos concéntricos da madeira servían definir as diferentes puntuacións. Durante moito tiempo foi considerado un deporte practicado polos militares. Era moi apreciado porque mantiña a puntería dos soldados, adestrando o lanzamento de armas lixeiras contra o inimigo.

Os primeiros dardos fabricados especificamente para o xogo fabricábanse en madeira sólida, rodeada cunha tira de chumbo e con plumas de pavo. Estes dardos producíanse principalmente en Francia.[2]

A puntuación estándar da diana atribúese a un carpinteiro de Lancashire chamado Brian Gamlin, que a desenvolveu en 1896 para penalizar a inexactitude,[3][4] aínda que a historia é discutida.[5][6]

Tipos de dardosEditar

  • De punta de aceiro: empréganse para xogar na diana tradicional, que antigamente estaban fabricadas con pelo de camelo e na actualidade son de sisal prensado. O seu peso varía dende os 19 ata os 28 gramos.
  • De plástico ou electrónicos: son dardos máis lixeiros, axeitados para dianas electrónicas. O motivo de que sexan máis lixeiros é para evitar un excesivo desgaste da diana. Os máis comúns adoitan pesar entre 16 e 18 gramos, aínda que algúns, pouco utilizados, poden pesar menos. Diferéncianse por levaren a punta de plástico.
  • De cerbatana: os dardos son moi pequenos (da orde de 2 centímetros) e a distancia á diana é maior.

NotasEditar

  1. "History of Darts from Harrows, UK". Harrows. Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 25 de decembro de 2014. 
  2. "The History of the Dart". 2007. Patrick Chaplin. 2019-05-21. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2019. 
  3. Darts History Arquivado 2016-01-03 en Wayback Machine. - Darts Info World
  4. Eiselt, H; Laporte, Gilbert (febreiro de 1991). "A Combinatorial Optimization Problem Arising in Dartboard Design". The Journal of the Operational Research Society (Palgrave Macmillan Journals) 42 (2): 113–118. JSTOR 2583175. doi:10.2307/2583175. 
  5. "Darts 501 - Brian Gamlin Dartboard Numbers". Arquivado dende o orixinal o 2016-03-06. Consultado o 2016-02-29. 
  6. "Darts - History and information on Dartboards and darts". Arquivado dende o orixinal o 2009-06-14. Consultado o 2004-02-17. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Chaplin, Patrick (2010). Darts in England, 1900–39: A Social History. Manchester: Manchester University Press, distributed by Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-7190-7803-3. 

Ligazóns externasEditar