O darbuka ( árabe دربكة) é un instrumento de percusión de orixe árabe utilizado en todo o Próximo Oriente, norte de África e os Balcáns [1]. O darbuka é un tambor, cunha única membrana, e forma de copa. Orixinalmente usábase barro para a caixa de resonancia e pel de cabra ou de peixe para a membrana, non obstante tamén se adoita facer a caixa de madeira ou metal. Na época contemporánea é común o uso de fibra de vidro ou de aluminio para a caixa e plástico para a membrana.

Darbuka exipcio.

Ritmos editar

 
Ritmos árabes

Os ritmos no darbuka represéntanse con dous tipos de tons[2], o "dum", un toque forte representado pola nota sol,e mais o "tak", o toque feble representado na nota re agudo. Estas son "claves" rítmicas sen altura de sons. Polo xeral o derbake tócase acompañado por outros instrumentos de percusión como o riq, daff, mazhar, bendir e tar. Mentres estes instrumentos executan o ritmo base o darbuka ten a liberdade de improvisar e adornar aínda máso ritmo cos rash e harakat (redobres e xogos).

O darbuka na música clásica árabe editar

O darbuka principiou a incluírse nas orquestras árabes clásicas a mediados de 1960 ata entón era o riq o encargado de levar o ritmo. Un feito salientable para a súa consolidación foi a súa aparición, en 1966, na peza clásica Fakarouny da cantante Umm Kalzum. Tamén é de subliñar a súa utilización por Samira Tawfiq e o feito que na súa orquestra os executantes da darbuka foran os recoñecidos percusionistas libaneses Setrak Sarkissian e Mhammad El Beryewe. Ao se popularizar a danza do ventre comezou a se utilizar para realizar os coñecidos "solos de derbake" e ta,çem adoita acompañar ao tabl os pasos da danza folclórica árabe denominada dabke.

Notas editar

  1. Blades, James. (1970). Percussion Instruments and Their History. New York. p. 175.
  2. Woods, Bill (2014) Playing the Frame Drum Mel Bay Publications, p. 22