Daniel Pazó Vila

Daniel Bernardino Pazó Vila, nado en Nigrán en 1914 e finado no mesmo concello en 2008, foi un mariñeiro e inventor galego.

Daniel Pazó Vila
Nacemento1914
 Nigrán
Falecemento2008
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Entrou na Armada como mariñeiro voluntario en 1934, a bordo do acoirazado Jaime I. Na Guerra Civil combateu no exército republicano, foi un dos poucos superviventes da sabotaxe ao acoirazado Jaime I. Tiña causa aberta en Ferrol por deserción e foi declarado fuxido e en rebeldía. Ao rematar a guerra burlou un fusilamento e sufriu prisión durante un ano e sete meses. Ao regresar a Nigrán sufriu o acoso dos seus compañeiros de profesión.

Inventou o casulo, un aparello para a pesca do polbo cara 1966. Coa chegada da democracia loitou polo recoñecemento dos seus dereitos e servizos prestados no exército da República, obtendo finalmente o rango de capitán de corveta, equivalente ao de comandante.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar