Daniel Minimalia

guitarrista español


Daniel Llorente Rey, coñecido artisticamente como Daniel Minimalia,[1] nado en Vitoria, 3 de novembro de 1983, é un Guitarrista, Compositor e Multinstrumentista galego de Ourense[2], gañador dun Latin Grammy[3], un Hollywood Music in media Award e dunha medalla de prata nos Global Music Awards. É autor de cinco traballos discográficos: Akainik (2011), Contos Sonoros (2012), Areas de Lúa (2014), Orixe (2016) e Terra (2020).

Infotaula de personaDaniel Minimalia

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1983 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguitarrista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu en Vitoria mais aos tres anos xa comezou a vivir en Ourense.[4] É un músico autodidacta que comezou a tocar a guitarra aos 13 anos, despois de militar en grupos de rock e folk, emprende o seu proxecto persoal que o levou a tocar entre España e USA.[5][6] Entre a súa música aprécianse diferentes influencias que transitan desde o folk, flamenco, rock progresivo, blues ou música clásica, que o converteu nun referente da música instrumental no ámbito nacional e internacional.[7]

No ano 2017 e 2020 foi nomeado ao premio Latin Grammy como "Mellor Álbum Instrumental" , levándose o recoñecemento no ano 2020 co seu álbum "Terra" publicado pola discográfica Rose Records. [8]

En xaneiro de 2021 gañou o "Hollywood Music Award" polo tema "Flor de Leyenda". Foi o primeiro músico español en ter dúas estatuíñas da academia de Holllywood.[9]

Discografía editar

  • 2011: Akainik EP: Akainik, Sonata para un día cualquiera, Páramos Lejanos, Al decir adiós. CD dixital Zouma Records.
  • 2012: Contos Sonoros: Páramos Lejanos, Sonata para un día cualquiera, La vida nunca dura lo suficiente, Akainik, Raíces, El vals del trapecista, En calma, El eco de un sueño, Interferencias, Un extraño viaje, La piel de una gota, Al decir adiós. CD dixital Zouma Records.
  • 2014: Arenas de Luna: Latidos, Olas del sur, El estanque, Arenas de Luna, Si desvaneces, Párvula esencia, Al decir adiós (OV), Electricidad, Contramarea. CD dixital Zouma Records.
  • 2016: Orixe: Acqua, Epika, Moraima, Butter Butter (Ft. Kepa Junkera), Auria (en directo), Olas Del Sur (En directo), Life ... (En directo), Restos, Big Bang, Para que soñes. CD dixital Zouma Records.
  • 2020: Terra.[10]

Recompilatorios editar

  • Esencial (2017)

Premios e nomeamentos editar

Ano Traballo nomeado Premio Categoría Resultado
2020 Terra Latin Grammy Mellor álbum instrumental Gañador
2017 Origen Latin Grammy Mellor álbum instrumental Nomeado
2015 Olas del Sur Hollywood Music in Media Awards Mellor tema World Gañador
2015 Olas del Sur Global Music Awards Mellor instrumentalista Gañador
2015 Olas del Sur Hollywood Music in Media Awards Mellor videoclip Nomeado
2015 Latidos Hollywood Music in Media Awards Mellor canción World Nomeado
2013 Akainik Hollywood Music in Media Awards Mellor canción New Age Nomeado
2013 Al decir adiós Hollywood Music in Media Awards Mellor canción clásica Nomeado
2021 Flor de leyenda Hollywood Music in Media Awards Mellor canción Pop/Rock Latino Gañador

Notas editar

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu:d". www.ogalego.eu. Consultado o 2020-12-06. 
  2. Región, La (2020-11-19). "El guitarrista ourensano Daniel Minimalia logra el Grammy Latino". La Región (en castelán). Consultado o 2020-12-06. 
  3. "Rosalía, Alejandro Sanz y Daniel Minimalia dan acento español a Latin Grammys". La Vanguardia (en castelán). 2020-11-20. Consultado o 2020-12-06. 
  4. Fraiz, Javier (2020-11-20). "El ourensano Daniel Minimalia logra un Grammy al mejor álbum instrumental por “Terra”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2020-12-06. 
  5. "Un autodidacta con lenguaje musical propio". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-12-06. 
  6. Press, Europa (2015-11-12). "Daniel Minimalia triunfa en los Hollywood Music in Media Awards 2015". www.europapress.es. Consultado o 2020-12-06. 
  7. Taboada, Pablo (2014-10-29). "La guitarra que casó flamenco y folk". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-12-06. 
  8. "Rosalía, Alejandro Sanz y Daniel Minimalia dan acento español a Latin Grammys". La Vanguardia (en castelán). 2020-11-20. Consultado o 2020-12-06. 
  9. MACEIRAS, JUAN (2021-01-28). "Daniel Minimalia gana el "Hollywood Music Award" por su tema "Flor de Leyenda"". COPE (en castelán). Consultado o 2021-01-28. 
  10. User, Super. "Daniel Minimalia presenta "Terra" en Abril". www.elfiesta.es (en castelán). Consultado o 2020-12-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar