Daniel Martín Rodríguez

futbolista español

Daniel Martín Rodríguez, nado en Madrid o 26 de setembro de 2005, é un futbolista español, que xoga como porteiro no Rayo Majadahonda, da Primeira División RFEF.

Dani Martín
Información persoal
Nome Daniel Martín Rodríguez
Nacemento 26 de setembro de 2005
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,87 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Rayo Majadahonda
Número 1
Carreira xuvenil
–2022 Rayo Majadahonda
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2022–2023 Paracuellos Antamira 16 (0)
2023– Rayo Majadahonda 7 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de outubro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formado na canteira do Rayo Majadahonda, xogou co equipo xuvenil na División de Honra. Na tempada 2022/23 militou no filial do club, o Paracuellos Antamira, na Terceira División RFEF. Para a campaña 2023/24 subiu ao primeiro equipo do Rayo Majadahonda, debutando na primeira xornada contra o Deportivo da Coruña con só 17 anos, converténdose así no gardameta máis novo en xogar na categoría. A súa destacada actuación ante os máis de 20.000 espectadores de Riazor, permitiulle ao seu equipo manter a portería a cero e conseguir o primeiro punto da tempada.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar