Daniel Ek
Daniel Georg Ek, nado en Estocolmo o 21 de febreiro de 1983, é un empresario sueco do sector da tecnoloxía da información, coñecido por ser o cofundador de Spotify.
Daniel Ek | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 21 de febreiro de 1983 |
Lugar de nacemento | Vantörs parish |
Nacionalidade | Suecia |
Ocupación | emprendedor, participante do fórum internacional, xerente e informático teórico |
Premios | Sueco Internacional do Ano, The KTH Great Prize e Time 100 |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Ek medrou no distrito de Rågsved na capital sueca, e xa na súa mocidade creou webs para empresas e servizos de almacenamento web [1] Pasou pol IT-Gymnasiet de Sundbyberg en 2002 e estudou dous meses enxeñería no Real Instituto de Tecnoloxía antes de deixar a carreira e dedicarse á tecnoloxía da información. Traballou en varias empresas web como Tradera, Jajja Communications AB, Stardoll e µTorrent e creou a súa propia compañía Advertigo, dedicada á publicidade web e que vendeu a TradeDoubler en 2006 por varios millóns.
Spotify editar
Inspirándose en Napster, servizo de intercambio de arquivos de música, empezou a pensar nunha posible nova solución para a reprodución de música en streaming que fose plenamente legal. Xunto co presidente de TradeDouble, Martin Lorentzon comezou en 2006 a desenvolver un novo sistema que recibiu o nome de Spotify. Xa desde o comezo a idea era contar coas grandes discográficas, e logo de longas negociacións o servizo púxose en marcha en Suecia e mais nalgúns países de Europa en 2008, ampliándose para Norteamérica en 2011.
Notas editar
- ↑ "Daniel Ek". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2021-02-13.