Daniel Barredo
Daniel Barredo Ibáñez, nado en Bilbao o 24 de xuño de 1981, é un escritor vasco en lingua castelá, coñecido como Daniel Barredo.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 ![]() Bilbao, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Granada - grao en Artes (2006–2008) Universidade de Granada - mestría en artes (2005–2006) Universidade de Granada - grao en Artes (1999–2005) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor ![]() |
Empregador | Universidade de Málaga (pt) ![]() Universidade do Rosario, profesor titular (2016–2023) Universidad de las Américas (en) ![]() Universidade Central de Ecuador (2014–) Escuela Superior Politécnica del Chimborazo (en) ![]() ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarViviu en cidades como Leeds, Londres ou Budapest, onde exerceu diversos empregos. Está licenciado en Filoloxía Hispánica e en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Granada. É doutor en Periodismo pola Universidade de Málaga[1] cunha tese sobre a caracterización informativa do rei Juan Carlos I de España na prensa dixital.
Obra
editarProsa
editarEn decembro de 2011 gañou o certame Andalucía Joven de Narrativa coa novela A viaxe a Budapest (El viaje a Budapest),[2] publicada pola editorial Berenice en marzo de 2012, dentro da colección Nova. É unha novela xeracional ambientada en Granada e Budapest, tratando temas como a sexualidade, a literatura, as expectativas vitais ou a situación económica e laboral.
En xaneiro de 2012 gañou o III Premio Plan Joven do concello de Granada coa novela La rebelión de las tortugas.
O seu último traballo é El tabú real. La imagen de una monarquía en crisis[3], publicado en 2013.
Poesía
editarEn 2003 publicou El fruto del deseo, e o seu segundo poemario foi Oda a la miseria, gañador do premio Federico García Lorca e publicado por Point de Lunettes en 2009.
Notas
editar- ↑ Biografía do autor Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. na páxina web da Universidade de Rosario (en castelán).
- ↑ Daniel Barredo gana el Certamen de Narrativa Desencaja con El viaje a Budapest Arquivado 14 de novembro de 2012 en Wayback Machine.>
- ↑ El Tabú Real. La imagen de una monarquía en crisis, documento en Academia.edu (en castelán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do autor (en castelán).