Daniel Barredo
Daniel Barredo Ibáñez, nado en Bilbao o 24 de xuño de 1981, é un escritor vasco en lingua castelá, coñecido como Daniel Barredo.
Daniel Barredo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1981 |
Lugar de nacemento | Bilbao |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Viviu en cidades como Leeds, Londres ou Budapest, onde exerceu diversos empregos. Está licenciado en Filoloxía Hispánica e en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Granada. É doutor en Periodismo pola Universidad de Málaga[1] cunha tese sobre a caracterización informativa do rei Juan Carlos I de España na prensa dixital.
Obra editar
Prosa editar
En decembro de 2011 gañou o certame Andalucía Joven de Narrativa coa novela A viaxe a Budapest (El viaje a Budapest),[2] publicada pola editorial Berenice en marzo de 2012, dentro da colección Nova. É unha novela xeracional ambientada en Granada e Budapest, tratando temas como a sexualidade, a literatura, as expectativas vitais ou a situación económica e laboral.
En xaneiro de 2012 gañou o III Premio Plan Joven do concello de Granada coa novela La rebelión de las tortugas.
O seu último traballo é El tabú real. La imagen de una monarquía en crisis[3], publicado en 2013.
Poesía editar
En 2003 publicou El fruto del deseo, e o seu segundo poemario foi Oda a la miseria, gañador do premio Federico García Lorca e publicado por Point de Lunettes en 2009.
Notas editar
- ↑ Biografía do autor Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine. na páxina web da Universidade de Rosario (en castelán).
- ↑ Daniel Barredo gana el Certamen de Narrativa Desencaja con El viaje a Budapest Arquivado 14 de novembro de 2012 en Wayback Machine.>
- ↑ El Tabú Real. La imagen de una monarquía en crisis, documento en Academia.edu (en castelán).
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha do autor (en castelán).